No hay productos
No calendario das actividades culturais dentro da exposición Fragmentos de Onte, Sefa Ínsua, a xefa da cociña do restaurante O´Fragón, situado nunha ladeira de Fisterra cunhas vistas espectaculades da Ría e ó mítico Monte Pinto, será a encargada do showcooking que se fará na terraza do CGAC, en Santiago de Compostela.
Sefa fará gozar a todos os asistentes da súa cociña de mercado, de lonxa, de proximidade e ecolóxica.